Hortas urbanas

HORTAS URBANAS DO CONCELLO DE VIGO
PARTICIPACIÓN NAS HORTAS-ESCOLA | PROGRAMACIÓN SETEMBRO-DECEMBRO 2017 | LOCALIZACIÓN | CURSO BÁSICO  





PARTICIPACIÓN NAS HORTAS-ESCOLA

A Concellería de Medio Ambiente de Vigo implantou dende 2013 un programa de hortas-escola en distintos barrios da cidade: Camelias, Fontáns (Ramón Nieto), Pedro Alvarado (Teis), Navia e Sardomela (Cabral). A actividade desenvolta nestas hortas permite aos solicitantes participar no nivel I de hortas urbanas acadar os coñecementos básicos para autoxestionar unha horta e a súa posta en práctica co apoio contínuo de monitorado.

Para participar no programa é preciso realizar o "Curso básico de hortas urbanas" (ver solapa Programación)

En 2016 puxo en funcionamento o nivel II das hortas urbanas, dirixido a aqueles/as participantes que cumpran a condición de ter participado no último ano nunha horta-escola (nivel I) e asistir ao Curso de hortas urbanas 2º nivel. As parcelas previstas serán aproximadamente de 20 m2 e poranse en funcionamento nunha nova horta en Ramón Nieto, reservada ata agora só a actividades de voluntariado de hortas, así como nunha parte da horta de Sardomela. Neste caso, o apoio do monitorado será esporádico.

No caso de haber máis solicitudes que parcelas dispoñibles, a Concellería de Medio Ambiente habilitará un mecanismo de asignación que contemplará criterios de asiduidade na participación ata o momento e dominio autónomo das técnicas manexadas no nivel I, e de ser preciso, sorteo entre candidatos/as con igualdade de puntos.






PROGRAMACIÓN SETEMBRO-DECEMBRO 2017 






LOCALIZACIÓN DAS HORTAS-ESCOLA

FONTÁNS (RAMÓN NIETO)  | PEDRO ALVARADO (TEIS) | NAVIA | SARDOMELA (CABRAL)




Horta-urbana de Fontáns (Ramón Nieto) (pinchar aquí para descargar)


Horta-urbana de Pedro Alvarado (Teis) (pinchar aquí para descargar)



                                 Horta-urbana de Navia (pinchar aquí para descargar)


Horta urbana de Sardomela (pinchar aquí para descargar)



 CURSO BÁSICO DE HORTAS URBANAS

PRESENTACIÓN | RESUMO DE CONTIDOS



PRESENTACIÓN CURSO BÁSICO










RESUMO DE CONTIDOS

Podedes visualizar un documento resumo do Curso básico de hortas urbanas celebrado en Vigozoo pinchando aqui. De seguido tendes algúns documentos que amplian os contidos deste resume:

1.     Afirmacións do cultivo ecolóxico
2.     Necesidades das hortalizas
3.     Deseño da horta urbana
        - Situación da horta urbana
        - Cómo organizar a horta urbana
        - Materiais de partida: semente, planta, substrato  (pinchar aqui
        - Ferramentas
        - Rotación dos cultivos
        - Asociación entre cultivos
4.     Preparación do solo e fertilización
        - Laboreo
        - Acolchado
        - Fertilización dahorta. Compostaxe e vermicompostaxe caseira.
5.     Sementeira e plantación
6.     Outras tarefas de mantemento
        - Asociación entre cultivos (pinchar aqui
7.     Descripción dos principais cultivos (pinchar aqui)
8.     Pragas e enfermidades (pinchar aqui
         - Taboas de pragas e enfermidades
         - Pragas máis frecuentes na horta
         - Cadro de dilucións das plantas que curan plantas
         - Elaboración dos preparados de plantas para tratamentos de plantas que curan                   plantas.
9.     Tarefas da horta aolongo do ano (pinchar aqui)


Para calquera aclaración sobre os temas abordados, non dubidedes en preguntar aos monitores nas propias hortas.