Camiño a Camiño

CAMIÑO A CAMIÑO
Programa | Destinatarios | Inscrición | Anulación | Acreditación | Recomendacións





PROGRAMA:
Camiño a Camiño é un programa da Concellería de Medio Ambiente de VigoTen como obxectivo promover a educación, a sensibilización e o voluntariado medioambiental entre a cidadanía viguesa

Liñas de actividade: Percorridos MedioambientaisHortas UrbanasVoluntariado Medioambiental Formación.

Programación: estructurase na programación de primavera (marzo-xuño) e na programación de outono (setembro-novembro), desenvolvéndose habitualmente actividades de voluntariado tamén durante o período estival.

Ver Programación


DESTINATARIOS:
Persoas maiores de idade empadroadas en Vigo (autorízase á organización a comprobar tal condición e a solicitar o DNI previamente á realización da actividade)

No caso de residir en Vigo e non estar empadroado incluirase na Lista de agarda ao longo do xoves, confirmándose a praza no caso de vacantes ao final do proceso de inscrición o xoves pola tarde.

Menores de idade. Nas rutas deberán ir acompañados polos seus pais ou titores legais. No caso de ir a cargo doutro adulto distinto deberá presentar un documento de autorización (ver modelo). Nas actividades sen presenza de titores deberán cubrir unha  autorización para a súa realización no momento de inscrición.


INSCRICIÓN:
Para todas as actividades tramítanse unicamente a través do servizo de atención telefónica do Concello de Vigo - 010, sendo o prazo de inscrición de luns a mércores, de 8 a 20 horas, da mesma semana da actividade. Para non empadroados habilítase o xoves no caso dos percorridos medioambientais. 

Para axilizar ao máximo o tempo de chamada, é preciso ter a man os datos que as operadoras rexistran no proceso (Nome e apelidos, NIF, teléfono de contacto e idade); ademais é importante comentarlle á operadora calquera incidente que poida ser relevante para os monitores, guías e socorristas (alerxias, discapacidades que afecten á práctica de exercicio físico, lesións, etc).

Cada persoa só poderá inscribir ata un total de 3 usuarios/as, sendo necesario dispór todos os datos de inscricion. No caso de unidades familiares, poderanse inscribir os pais e fillos da unidade familiar dunha sóa vez. 

No caso de non realizarse a inscrición definitiva segundo o previsto ou de facer anulación, asignaranse prazas a través da lista de agarda, tendo nese caso que facer a inscrición definitiva durante o xoves ou á maior brevidade posible.

Un/unha participante non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade.


ANULACIÓN DE INSCRICIÓNS NO 010
De cara a evitar situacións indesexadas no proceso de inscrición nos percorridos medioambientais de Camiño a Camiño lembramos os criterios que se aplicaran para a anulación de inscricións:

- As persoas inscritas nun percorrido no 010 que por calquera motivo teñan que anular a súa inscrición, teranno que comunicar de novo ao 010. Deste xeito liberanse as prazas e pódense dispor delas para persoas da lista de agarda, tendo preferencia as persoas empadronadas ás non empadronadas.

- Aquelas persoas que non cumpran co criterio anterior pasaran á lista de agarda nas inscrición dos seguintes percorridos da tempada. 

No caso de non estar operativo o 010, tamén se poderán realizar as anulacións a través do correo info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23.


ACREDITACIÓN NAS ACTIVIDADES
As persoas inscritas previamente en Camiño a Camiño: a través do nome e nº de DNI.

As persoas inscritas por primeira vez en Camiño a Camiño: presentando o DNI.

Nas actividades con achega, compre presentar ademais o resgardo de ter pagado.



RECOMENDACIÓNS PARA OS PERCORRIDOS
De cara a un axeitado aproveitamento das actividades habituais de Camiño a Camiño realizamos algunhas recomendacións xenéricas:

- Imprescindible levar calzado cómodo e adaptado para andar por pavimento e camiño de terra. Cando a ruta presente un desnivel importante, empregar bastón de sendeirismo.

- Dada o tempo adicado a camiñar, convén levar auga para hidratarse e alimentación enerxética (froitos secos, barriñas enerxéticas, chiculate, galletas, etc) que permita repór forzas durante o camiño (lembrar que "a maquinaria non funciona sen gasolina"). Isto non quita que haxa que tomarse un almorzo completo.

- No caso de padecer algunha doenza que poida afectar ao normal camiñar é preciso comunicarllo a un monitor/ra para que el ou o socorrista valore iniciar ou continuar o percorrido.

- Ao finalizar a ruta, realizar estiramentos coas orientacións oportunas por parte do monitorado.

- Por último, se hai calquera dúbida ou se se produce calquera incidencia, o equipo de monitores está sempre dispoñible para atenderos.

- Rutas particulares (p.e: rutas de media montaña ou a lugares perigosos): requerirán unhas necesidades específicas que serán comunicadas oportunamente.



NON ESQUECER QUE PARTICIPAR EN "CAMIÑO A CAMIÑO" É PARA MELLORAR O COÑECEMENTO DO MEDIO AMBIENTE E INCORPORAR HÁBITOS SAUDABLES, NON  PARA "ARREPENTIRSE" O RESTO DA SEMANA.
Nombre

Avisos,3,Fotos,80,Novas,193,Programación,4,
ltr
static_page
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño
Camiño a Camiño
Breve descrición do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/p/inscricion.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/p/inscricion.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar