Avisos

Voluntariado nas Illas Cíes no Verán. 14-18 Proceso de asignación de quendas.
Para calquera aclaración da programación podedes contactar en info@caminoacaminovigo.org ou no 662 23 10 23

18/6/18

Novas accións para o voluntariado de Camiño a Camiño


Coa entrada do verán dende a Concellería de Medio Ambiente estanse programando novas actuacións para o Voluntariado de Camiño a Camiño, aparte do voluntariado en Cíes que xa se vai resolver ao longo deste luns 18 de xuño. As propostas son:

- Curso extraordinario de iniciación ao voluntariado medioambiental: mércores 20 xuño, 19:00 en Vigozoo. Quen participe neste curso podería acceder a prazas vacantes no voluntariado de Cíes. 
Pódese inscribir enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org, chamando á taquilla de Vigozoo (986 26 77 83) ou presentándose directamente no curso. Importante: levar fotocopia do DNI para adxuntar ao acordo de voluntariado.

- Curso específico de voluntariado para paseo de cans abandonados: mércores 20 xuño, 19:00 en Vigozoo. Este curso, que se fará xunto co curso de iniciación anterior, habilitará para participar en labores de acompañamento con cans abandonados xestionados pola Asociación protectora de animais na caneira municipal. 
Pódese inscribir enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org, chamando á taquilla de Vigozoo (986 26 77 83) ou presentándose directamente no curso. Importante: levar fotocopia do DNI para adxuntar ao acordo de voluntariado.

- Curso específico de voluntariado no invernadoiro de plantas exóticas de Vigozoo: sábado 23 xuño, 11:00 en Vigozoo. Nº de prazas: 20. 
Este curso, dirixido exclusivo ao voluntariado de Camiño a Camiño, permite iniciarse no cultivo de orquídeas e realizarase no orquidario de Vigozoo.
Pódese inscribir enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org, chamando á taquilla de Vigozoo (986 26 77 83) ou presentándose directamente no curso. 

Para máis información tamén podedes dirixiros ao teléfono 662 23 10 23

12/6/18

Acampada familiar en Vigozoo: inscrición á primeira quenda dende luns 18 de xuño


Dentro da programación de Camiño a Camiño, a Concellería de Medio Ambiente xunto con Vigozoo teñen previsto realizar unha experiencia de "Acampada familiar" (Nai/Pai/Titor-ra legal cos seus fill@s/titorad@s) para coñecer intensamente a vida do Parque zoolóxico e, pola noite, realizar unha observación nocturna moi particular. A proposta é a seguinte:


Programa de actividades (dende sábado 16:30 a domingo 13:30):
16:30 Acollida e aloxamento no Albergue*
17:00 Actividade familiar no Aulario. Piscina (opcional)
18:00 Merenda para os máis pequenos.
18:30 Obradoiro sobre constelacións
19:30 Visita guiada polo Parque (parte I)
20:45 Tempo Libre
21:15 Cea
22:15 Vista da posta do sol dende o Mirador
23:30 Observación nocturna

09:30 Almorzo
10:00 Recollida do Albergue
10:30 Visita guiada polo Parque (parte II)
12:00 Xogos familiares ou Piscina (opcional)
13:00 Despedida

* Vigozoo conta cun Albergue conformado por liteiras dispostas en tres habitáculos, sendo compartida a estadía entre os participantes. É preciso levar saco de durmir. Ver foto adxunta 


Proceso de inscrición (válido para a quenda do 23-24 xuño e para a quenda do 30 xuño - 1 xullo):
- Luns previo á actividade: preinscrición no 010 por orde de chamada. Total a inscribirse 12 unidades familiares.
- Pago da inscrición (unha vez lograda praza): 28 euros/persoa participante (incluído menores). Conta de ingreso: ES33-2080-5000-6731-1019-4172
- Ata o mércores previo á actividade: Presentación da ficha de incrición (premer aqui) xunto co xustificante do pago a través de correo electrónico (info@caminoacaminovigo.org) ou ben na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello de Vigo)
- Se non se cumprimenta a inscrición, actívase lista de agarda o xoves.

Máis información en info@caminoacaminovigo.org ou non teléfono 662 23 10 23

A preincrición no Voluntariado de Cíes remata o día 14 de xuño


Como xa sabedes, o prazo de preinscrición no Voluntariado de Camiño a Camiño para as Illas Cíes remata o vindeiro xoves 14 de xuño. Para máis información ír á nova do 6 de xuño (acceder dende aqui)