Confer. e Cursos

CONFERENCIAS E CURSOS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL


Programación 1º semestre 2018





Conferencias no auditorio de Vigozoo.
Como novidade para esta edición, incorpórase un ciclo de conferencias divulgativas que pretenden darlle luz a preguntas que nos facemos a cotío todos os cidadáns e cidadás.

22 marzo: A vida dos planetas.
Isabel Rebollido Vázquez, astrofísica da Universidade Autónoma de Madrid
12 abril: O que ninguén me dixo antes de ter un can. O gran cambio
Juan Freire Rodríguez, director de Ramalladas
26 abril: O mundo das orquídeas
Francisco José García Soto, cultivador de orquídeas.
10 maio: O cambio climático xa está aquí, como nos vai afectar?
Carlos Balseiro, físico divulgador e membro de 4gotas
24 maio: O ceo de Vigo
Esther Pérez Fernández, física colaboradora da Universidade de Vigo e directora IES de Beade
14 xuño: Astronomía e reloxos biolóxicos

Ana Ulla Miguel, astrofísica da Universidade de Vigo e colaboradora da Fundación Ceo Ciencia e Cultura


Ver na solapa Programa os detalles da inscrición.


Cursos de hortas urbanas.
Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. 

Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto. 

Para o 1º semestre de 2018 preséntanse dúas convocatorias de 1º nivel: 10 marzo e 15 marzo, e unha de 2º nivel, a determinar cos solicitantes (requisito levar 1 ano en primeiro nivel).

Ver na solapa Programa os detalles da inscrición.


Cursos de voluntariado medioambiental.
De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, nos montes de Vigo e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental. 

Ábrense dous cursos para o 1º semestre de 2018: 10 de marzo e 2 de xuño. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.

Ver na solapa Programa os detalles da inscrición.



Cursos "Viticultura en Galicia: aprende a diferenciar os nosos viños".

No curso danse a coñecer as distintas zonas de cultivo vinícola de Galicia e as denominacións de orixe asociadas. 
No transcurso do mesmo realizaranse catas dos distintos tipos de viño a cargo dun sumiller titulado, permitindo así apreciar a un nivel iniciación as características diferenciais dos mesmos e coñecer o mellor xeito de gozalos. Preséntanse catro convocatorias: 10 marzo, 21 abril, 5 maio e 26 maio.

Ver na solapa Programa os detalles da inscrición.