Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

3/4/17

Segunda etapa polo Románico galego en Aciveiro-Candán



Despois dun excelente percorrido polo entorno do mosteiro de Armenteira, o vindeiro domingo 9 de abril abordamos outra etapa moi interesante: Aciveiro, no concello de Forcarei. 

Trátase dunha ruta de 13,8 km, de dificultade media, que combina un bonito paseo pola beira do río Lérez no seu tramo alto coa ascensión á serra do Candán, un espazo protexido de máis de 10.000 ha. Veremos panorámicas moi atractivas dende o alto (905 m), así como elementos etnográficos moi curiosos (pontes, pontellas, muíños e alvarizas). Este espazo atesoura especies amenazadas e moi escasas en Galicia, das que poderemos observar algún exemplo. 

Compre lembrar que se trata dunha ruta de día completo na que é importante levar un bó calzado dado os tramos de lameira que nos podemos atopar, así como bastóns para axudar a transitar en zonas complicadas. Nesta ocasión, ao estar en montaña é moi recomendable levar gorra e crema por se a incidencia solar é intensa. Tamén é recomendable levar roupa e calzado para cambiarse.