Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

11/4/17

Despois de Semana Santa retómanse as rutas polo románico con forza

Despois do merecido descanso de Semana santa, a Concellería de Medio Ambiente activa de novo os percorridos relacionados co románico: a visita a San Pedro de Rocas e San Estevo de Ribas do Sil o domingo 23 e Ruta por Galicia de fin de semana (29-30 de abril) por Oseira e Serra Martiñá (Cea).

Románico en San Pedro de Rocas e San Estevo de Ribas de Sil
Nesta ocasión achegámonos á provincia de Ourense para ver dous dos iconos do románico, moi diferentes entre sí. Nos próximos días colgaremos máis información no apartado de Románico Galego.
Nesta ocasión o plan de viaxe vaise organizar en dous grupos dende Vigo, para que poidan mobilizarse autónomamente.


Grupo 1: percorrido circular a carón do PR-G 4 Camiño Real de San Pedro de Rocas
Os autobuses deixarannos en Esgos para ascender ata o mosteiro e logo voltar ao mesmo lugar e así podernos desprazar en autobús ata San Estevo, onde pola tarde poderase facer un pequeno percorrido ao arredor do mosteiro.

Trátase dun percorrido de 7, 7 km e dificultade media polo desnivel. Escomenzaremos na parte máis baixa do gráfico de desnivel que se mostra (arredor dos 570m), para ascender ata o mosteiro e logo seguir ata o cumio (816m), onde escomeza unha intensa baixada. 
No mosteiro faremos unha parada para gozar do prezoso paraxe e poder acceder ao centro de interpretación, onde hai unha exposición moi atractiva.






Grupo 2: percorrido lineal dende Esgos, pasando por San Pedro de Rocas en dirección a San Estevo de Ribas do Sil
Dende o mesmo lugar de saída do Grupo 1, neste caso ascenderase ata San Pedro de Roca e subirase ata a parte alta do PR-G4, para logor encamiñar o traxecto ata mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil (nos próximos días subirase máis información no apartado Románico Galego), pasando pola Ermida da Virxe do Monte.
A lonxitude do percorrido está supera os 20 km, cunha subida ata 934m e posteriormente a baixada ata o mosteiro en 481m. A dificultade é alta e recoméndase que só se inscriba neste grupo persoas acostumadas a andainas longas.






Ruta por Galicia (29-30 de abril). Inscrición a partir do luns 17 de abril
Nesta ocasión xuntase nunha fin de semana o percorrido pola Serra do Martiñá (sábado 29), dunha lonxitude de 16,7km e un desnivel de 600m ata chegar a 1034m, co percorrido do domingo 30 polos arredores do mosteiro de Oseira (farase conxuntamente co grupo procedente de Vigo). Neste caso a lonxitude é de 13,4km e bastante rompepernas.

Máis información de ambos percorridos entregarase no momento de recoller o ticket en Casa da Xuventude, previa inscrición no 010 (986810260 dende móbil). Haberá que entregar unha ficha como a adxunta (premer) e facer un adianto de achega de 30 euros.

Tamén haberá que escoller o menú da cea (1º prato: ensalada de pasta/ensaladilla rusa; 2º prato: tenreira asada/merluza á romana; ademáis de pan, bebida, postre e café)




Serra Martiñá (16,7km, desnivel de 600m)
Oseira (13,4 km)