Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

7/11/16

Camiño a Camiño retoma os sendeiros locais entre Oia e Saiáns

Entramos na recta final da programación de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente de Vigo e toca voltar a percorridos por Vigo. Nesta ocasión abordaremos os montes de Oia, Coruxo e Saiáns. O inicio da ruta terá lugar nos muíños de Gontade, na parroquia de San Miguel de Oia. 
O grupo da ruta longa dirixirase ao parque forestal de Coruxo, pasando polo Outeiro da Raposa e polo Maúxo Grande, e dirixíndose ao Monte de Bandeira ou Cabezo de Saiáns. No camiño cara o parque forestal de Saiáns, pasaremos pola nova torre de vixilancia marítima situada nos montes de Oia. Logo seguiremos o sendeiro local de Saiáns.
No caso da ruta curta circularase polos montes de Oia e ascenderase ata a torre de vixilancia, pasando polo Outeiro de Carballoso e Os tres Outeiros. O percorrido dende a torre será común coa ruta longa.
Poderemos comprobar como o outono está en pleno explendor e, se o tempo nos acompaña, veremos as fermosas panorámicas que nos brinda o percorrido.
Lembrar que os percorridos en Vigo son gratuítos e únicamente hai que apuntarse no 010 (986810260 dende móbil) e o billete recóllese na propia Praza do Rei o domingo.