Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

22/6/16

O voluntariado urbano prepara na horta de Navia unha charca para anfibios

Despois de varias semanas de intenso traballo, a charca para anfibios prevista na horta urbana de Navia xa está concluída. Foi o traballo de varios voluntarios e voluntarias de Camiño a Camiño coa orientación de persoal da Concellería de Medio Ambiente.