Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

2/5/16

IIIª Andaina polos montes de Vigo: presentación o 6 de maio

A presentación da III Andaina polos montes de Vigo prevista para o día 2 de maio, por motivos organizativos, adíase ata o 6 de maio. 
A partir dese día, a media mañá, o Concello de Vigo presentará a 3ª edición desta actividade que pon en valor o uso recreativo dos montes. Está organizada en colaboración con Montes de Vigo e co patrocinio de Eroski-Center e El Corte Ingles.
Na presentación darase a coñecer toda a información sobre o trazado (cambiará bastante sobre edicións pasadas) e haberá percorridos aptos tanto para familias, como para sendeiristas habituais ou deportistas de natureza.
Tamén se detallará o proceso de inscrición, que dende ese momento se poderá realizar na pranta de deportes de El Corte Inglés e na Casa da Xuventude.