Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

16/5/16

Despois da Andaina, percorrido pola Serra do Morrazo e pola Ribeira Sacra e curso alimentación

III Andaina polos montes de Vigo
As previsións cumplíronse, e o día da Andaina estivo expléndido, realzando os lugares polos que circulou. Preto de 1000 persoas participaron no evento que puxo en valor os sendeiros Locais de Bembribe-Beade e de Zamáns, así como o percorrido clásico do GR53.
Ao longo da semana subiranse fotografías, pero sirvan estas de anticipo:




Percorrido pola Serra do Morrazo (22 maio). Preinscrición dende o luns 16 ata o xoves 19 maio no 010 (986810260 dende móbil) e inscrición definitiva na Casa da Xuventude ata o xoves 19 maio (Achega 7 euros).
Coñeceremos un dos recunchos mellor conservados da ría de Vigo, a fraga de Moaña.  A fraga de Moaña é un bo exemplo de bosque de ribeira, no que a humidade e a topografía crean unhas condicións inmellorables para o desenrolo de fermosas fragas de ribeira, con multitude de especies vexetais e animais. A elevada humidade ambiental crea un microclima no que cada tronco e cada pedra están cubertos de liques e brións e onde os fentos medran ata acadar unhas dimensións impresionantes.   Iremos vendo como cambia a vexetación a medida que imos subindo polo cauce do río, xa que comezamos a nivel do mar e chegaremos a superar os 600 metros. 
Iniciamos a ruta en Moaña, a nivel do mar, dende onde comezamos a seguir o río da Fraga prácticamente dende a súa desembocadura.  Ascendemos pola ribeira do río  ata os cumios do Faro Domaio, o Gagán ou Jaján e o Coto do Home.  Dende estos cumes teremos unhas vistas impresionantes do fondo da Ría de Vigo, veremos como a fraga e sustituída por outros tipos de hábitats como os piñeirais ou o mato. 
Continuamos camiñando e chegamos á torre de Castiñeiras, excepcional punto de observación que domina as rías de Vigo e Pontevedra.  Dende alí xa nos queda pouco para chegar ó Lago Castiñeiras onde pararemos a comer. 
Despois da comida faremos un pequeno percorrido polo Parque Forestal do Lago Castiñeiras para quen o desexe.



Ribeira Sacra con percorrido enolóxico II (28-29 maio). Preinscrición dende o luns 16 ata o xoves 19 maio no 010 (986810260 dende móbil) e inscrición definitiva na Casa da Xuventude ata o xoves 19 maio (anticipo: 35 euros).
Como é habitual na programación de Camiño a Camiño por primavera imos a coñecer Galicia. Nesta ocasión a proposta é Ribeira Sacra, con dobre programa: 
a) Sábado: Percorrido entre San Fiz (Chantada) e Santo Estevo de Ribas do Miño (O Saviñao), 13 km. 
b) Domingo: Visita á Adega Lareu e o seu entorno, con degustación de viños e xantar.
Máis detalles do programa da actividade no documento adxunto (premer aqui) e a ficha de inscrición a presentar na Casa da Xuventude (premer aqui)



Curso "Alimentación saudable no Almorzo, Xantar e Cea" (18 maio, 17-19:30h, no Mercado do Progreso). Inscrición dende o luns 16 maio, no 010 (986810260 dende móbil).
No curso daranse indicacións dos produtos recomendables para inxerir en cada unha das comeidas para unha alimentación saudable, a forma de cociñalos para respectar as súas propiedades alimenticias.
Tamén se darán orientacións para as necesidades enerxéticas de cada persoa en función da súa actividade e características seguindo pautas de alimentación equilibrada e saudable. Ao longo da actividade elaborarase algunha proposta culinaria a modo de exemplo.