Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

20/5/15

Concurso fotográfico "Descobre Vigo desde os seus montes"

Os/as participantes na II Andaina polos montes de Vigo están convidados a participar no Concurso fotográfico "Descobre Vigo desde os seus montes". Trátase dunha iniciativa promovida por El Corte Inglés en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
Pódese presentar unha fotografía en cada unha das seguintes categorías:
a) Paisaxes da andaina.
b) Momentos da andaina
c) Selfies.
Os orixinais hai que presentalos impresos no tamaño que se considere oportuno no departamento de fotografía de El Corte Inglés (5º andar) ata o xoves 21 de maio. No momento de entrega cómpre cumprimentar o formulario correspondente e presentar o carné de participación na Andaina.
Para cada unha das categorías haberá un premio dunha tarxeta regalo por valor de 150 euros.
Máis información do concurso premendo eiqui.