Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

16/3/15

Fin de semana intenso en Candeán e na Costa Atlántica

O programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente desplegou actividade diversa durante a fin de semana, tanto de voluntariado como de percorridos. 

Voluntariado de sendeiros. O sábado un grupo de 15 voluntarios e voluntarias levaron a cabo unha acción de limpeza no sendeiro local de Candeán, en coloboración coa Comunidade de Montes de Candeán. En total 25 bolsas grandes de lixo e, de novo, a necesidade de concienciar en que o monte tamén o hai que manter limpo se todos queremos disfroitar del. Para ver as fotos premer eiqui



Percorrido polo sendeiro local de Candeán. Motivado polo cambio derivado da proba deportiva celebrada no entorno dos montes de Saiáns, neste domingo tivo lugar o percorrido polo Vixiador e entorno. O día estivo fenomenal e o percorrido realizouse con axilidade e gran vistosidade. Para ver as fotos premer eiqui.




Percorrido pola Costa Atlántica: Etapa 1 Oporto - Póvoa de Varzim. Prezoso percorrido polo tramo máis urbano de todos os previstos. Aínda así, as percerpcións foron diversas e poidose comprobar o gran contraste da costa atlántica portuguesa coa galega tanto en termos de orografía como de ecosistema.  Para ver as fotos premer eiqui.