Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

8/3/15

Fenomenal percorrido polo sendeiro local de Matamá-Comesaña

O primeiro percorrido polos Sendeiros Locais de Vigo resultou moi satisfactorio. Un dia fenomenal de temperatura e de visibilidade, que acompañou á andaina polo sendeiro de Matamá-Comesaña, que presenta múltiples escenarios e vistas ao contorno. Sen dúbida os participantes poideron comprobar de preto os puntos de interese propostos no folleto do sendeiro (premer eiqui).
Algunhas instantáneas dos principais momentos atópanse no amplo album de fotos, do que se recollen de seguido algunhas.