Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

23/11/14

Fin de tempada no sendeiro local de Candeán

Cun día que principiou diluviando e rematou en calma chicha, tivo lugar o derradeiro percorrido de Camiño a Camiño nesta tempada, agardando xa a vindeira.
O sendeiro local de Candeán resulta moi agradecido polo trazado e pola multiplicidade de entornos que se poden ollar, coas súas cores e diversas sensacións. Contamos coa presenza de membros da Comunidade de Montes de Candeán para que nos contaran algunhas das accións que están facendo de conservación, pero no momento previsto para ilo, diante da cantina, foi cando máis auga caeu e houbo que aprazalo.
Na reportaxe fotográfica, a pesares da choiva, pódese comprobar tales percepcións e o sufrido grupo que rematou co premio dun chiculate quente (premer eiqui). Algunhas das instantáneas do día son: