Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

6/11/14

Camiñata polo Sendeiro local de Saians e incursión en Oia

O percorrido previsto para este domingo discorre polas parroquias de Saiáns e Oia. Nesta ocasión imos estrenar o recen marcado Sendeiro local de Saiáns, resultado da colaboración da Concellería de Medio Ambiente e a Comunidade de Montes de Saiáns, e sinalizado por parte do voluntariado de Camiño a Camiño. 



Trátase dun percorrido de pouco máis de 3 quilómetros dirixido a todos os públicos, que ampliaremos con outros lugares do monte de Saiáns e de Oia, ata acadar os 10,5km da ruta longa ou os 7km da ruta curta (ver entrada do 2.11.14).
O sendeiro discorre pola parte baixa dos montes comunais de Saiáns, dende as fragas de Cal de Outeiro a do rego de Estea, e dende o Parque Forestal de Saiáns, na parte alta ata o Castro de Estea, na parte baixa.  No entorno do sendeiro dominan as fragas  e as carballeiras, con numerosas especies de árbores caducifolias que neste tempo comezan a mostrar unha variedade de cores nas follas impresionante.  Tamén abundan os piñeirais, destacando un piñeiral coñecido como os piñeiros do mundo no que se plantaron piñeiros de varios lugares do planeta.
Os numerosos muíños son testemuña de outra época na que se aproveitaba a forza da auga de case que todo río e regato para moer e obter algo tan básico e imprescindible como a fariña, ca que se facía o pan e se lle daba os animais.  A xoia do sendeiro é o Castro de Estea, no que aínda se pode ver a estrutura en socalcos e os foxos defensivos, e que está nun emprazamento estratéxico dende o que se domina boa parte da parroquia de Saiáns e as veciñas de Priegue e Oia.