Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

8/5/14

Boa aceptación da Iª andaina polos montes de Vigo

A Iª andaina polos montes de Vigo está provocando que moitos cidadáns e cidadás se animen a realizar un percorrido polo patrimonio natural de Vigo o vindeiro domingo 18 de maio. Ademáis está circulando polas redes sociais con boa aceptación.
A posibilidade de facer distintas distancias (36, 26 ou 16 km) anima a que participen tanto habituais nas camiñatas como familias, xóvenes ou deportistas. Ademáis, ao habilitarse transporte para ir e volver, permite despreocuparse do coche e realizar a andaina con comodidade. 
Un momento central será o encontro de todos os participantes no Parque Forestal de Beade, onde se fará un pequeno descanso para os que están en circulación e onde comerán aqueles que desexan facer a andaina curta.