Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

17/3/14

Programación Semana 17-23 marzo

Segunda semana de programación con variedade de actividades e previsión climatolóxica incerta para o final da mesma.

Percorrido medioambiental: Monte dos Pozos-Comesaña (23 marzo)
O segundo percorrido da tempada transcurre polos montes das parroquias de Matamá e San Andrés de Comesaña. Comezamos no Parque Forestal dos Pozos, para ir baixando ata a parte baixa da parroquia de San Andrés de Comesaña. Polo camiño descubriremos fermosas carballeiras e regos, como o regueiro de A Rega, ademais de zonas recreativas con espectaculares vistas, como a de Maruxento (Matamá) e o P.F. de San Andrés de Comesaña.





Voluntariado medioambiental: presentación de programación (Vigozoo, 18 marzo, 19h)
Esta semana arranca o voluntariado medioambiental con varias liñas de acción operativas e algunhas novidades. Toda a programación será presentada en Vigozoo pola Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago.



Accións formativas en Vigozoo
Sábado 22 marzo, 9:30. Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental. Habilita para a participación nos programas de voluntariado.

Sábado 22 marzo, 10:00. Curso básico de hortas urbanas. Habilita para participar no programa de hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente.