Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

22/11/13

Planificación da fin de semana 23-24 novembro

Abordamos a fin de semana cunha previsión de tempo moi boa tanto para realizar o percorrido polo río Eifonso como para abordar labouras de voluntariado e de hortas.

Percorrido polo río Eifonso
Como sabedes é un dos clásicos de Camiño a Camiño e ben de seguro que vai estar nunhas condicións excepcionais (máis detalles pinchando eiqui)
Lembraros que haberá haberá opción de facer o percorrido subindo (Ruta longa) ou baixando (Ruta curta). Na ruta longa firemos ata o nacemento do río polos montes de Beade.


Programa Sintomeben en Camiño a Camiño
O programa Sintomeben, promovido polo Plan Saúde que está a desenvolver a Concellería de Medio Ambiente e de Sanidade, ten previsto realizar unhas accións de sensibilización sobre a prevención cardiovascular aos participantes en Camiño a Camiño.
Durante o percorrido do río Zamáns darase información ao respecto e indicarásevos como podedes participar nas medicións cardiovasculares a realizar na Casa da Xuventude os días 27 de novembro e 2, 4, 9 e 11 de decembro. 
Tamén haberá unha charla sobre nutrición e actividade física en Vigozoo o 16 de decembro.


Voluntariado en Muiños: accións realizadas
Durante este ano o Voluntariado de Camiño a Camiño creou no invernadeiro de Vigozoo un viveiro de especies forestais, tales como amieiros (Alnus glutinosa), freixos (Frangula alnus), Érbedos (Arbutus unedo), e outras especies de herbáceas e arbustos co fin de autoservirse de especies para repoboar nas zonas que se están a rehabilitar no río Lagares. Na primeira quincena de novembro iniciouse, en colaboración coa brigada da Concellería de Medio Ambiente, no entorno de Muiós unha actuación de erradicación de algunhas das especies foráneas como Arundo donax ou Cortaderia seonlliana, e de acondicionamento da zona a repoboar.

Dúas foron as tarefas de actuación (prantío e Nendo Dango, ver máis pinchando eiqui) no lugar afectado de Muíños e un só, o espacio para experimentar con estas dúas tarefas. O lugar é o terreo máis pequeno de Muíños que queda máis achegado á desembocadura do Lagares, deixando a parte máis grande para unha actuación posterior.