Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

26/11/13

Fin de tempada de percorridos coa clásica polo Lagares

No derradeiro percorrido da tempada faremos a clásica do río Lagares, no seu tramo baixo. Haberá dúas opcións de diferente dificultade.  
O percorrido máis longo partirá da zona de Barreiro, onde visitaremos unha das zonas húmidas catalogadas do Concello.  Despois continuaremos xunto o cauce do Lagares na parroquia de Lavadores ata Sárdoma. Tras chegar a Avenida de Madrid, colleremos o paseo do Lagares, que con unha lonxitude duns 10 Km, remata na desembocadura do río, na praia da Calzoa, ó lado de Samil. 

Precisamente este tramo do paseo será o que fagan na ruta curta. Neste percorrido poderemos descubrir valiosos espazos naturais do Concello de Vigo, como as zonas húmidas de Muíños-Goberna e a xunqueira do Lagares.  Tamén coñeceremos os traballos de recuperación da vexetación autóctona, que se veñen realizando no programa de voluntariado medioambiental da Concellería de Medioambiente de Vigo.