Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

21/3/13

Previsión fin de semana 23-24 marzo

Escomeza a primavera e con ela agardemos que momentos de efusión. Para empezar xa están ultimándose todos os preparativos para o voluntariado que vai participar nas accións de Cíes. Ademáis, tamén prosiguen as hortas e remata o primeiro ciclo de cursos e de percorridos medioambientais. Todo na antesala duns días de descanso seguramente que ansiados por moitos.

Previsión climatolóxica 

Meteogalicia


 Windguru (a previsión non é tan pesimista, sobre todo para os que van a Cíes)



Voluntariado en Cíes
O sábado as 10 sae a primeira quenda de voluntariado para as Illas Cíes, en colaboración co Parque das Illas Atlánticas. 
Son catro días de actividade de erradicación de especies invasoras, fundamentalmente margarita africana (arcthoteca calendula), e de limpeza de praias. Tamén haberá tempo para facer percorridos pola illa e o martes, se o tempo o permite, está previsto realizar unha observación de fondos marinos coa técnica de snorkel.


Percorridos medioambientais
Este domingo vaise percorrer o río Zamáns ou Amial, que nace no Galiñeiro, nutre o encoro de Zamáns e fúndese co río Miñor que se verá nas etapas de despois de Semana Santa 
s montes de Saiáns e conforma unha das zonas húmidas máis destadas do Concello (ver documento)


Cursos en Vigozoo
Este fin de semana remata a tempada de cursos en Vigozoo co de hortas, que como nas tres edicións están completos con asistentes moi interesados na cultura da horta.

Hortas-escola de Fontáns e Pedro Alvarado
O sábado pola mañán en Fontáns e pola tarde en Pedro Alvarado hai actividade hortelán se a climatoloxía o permite.