Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

16/3/13

O voluntariado do Lagares acolle a novos membros

Unha vez rematados os dous cursos de iniciación ao voluntariado, as novas incorporacións únense aos traballos de voluntariado medioambiental no río Lagares. 
Nunha sesión de venres, que houbo que anticipar á prevista para este sábado, e cunha tarde radiante, 30 voluntarios e voluntarias participaron intensamente na erradicación de plantas invasoras e na replantación de plantas autóctonas. 
Os traballos seguiran, se o tempo o permite, o vindeiro mércores e logo mércores e sábados a partir do 3 de abril. Lembrar que durante semana santa actuarase nas Illas Cíes (aínda hai prazas para a 1ª quenda de Cies -23-26 marzo- e o luns ábrese o prazo para a 2ª quenda -28-31 marzo-)