Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

10/3/13

Fin de semana intenso a pesar da climatoloxía

Todos quedamos impresionados cos tornados desta fin de semana na ría de Vigo (Faro de Vigo) e os que participaron do percorrido do domingo tamén comprobaron  en propias carnes as inclemencias do tempo.



De todos os xeitos, a pesar da climatoloxía e de ter que suspender voluntariado e hortas, aínda se aproveitou para que case 100 persoas pasaran polas accións formativas en Vigozoo. A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, aproveitou a ocasión para animar aos asistentes a participar nas actividades programadas. 
Tamén Edu, voluntario de Camiño a Camiño, comentou a súa experiencia durante este último ano. Os asistentes a curso de hortas poideron experimentar no invernadeiro como progresan os semilleiros que se están preparando para as hortas





O paseo polo río Barxa deixa boas imaxes como as que se adxuntan ou as que se colgan no album.