Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

29/8/12

Ata a próxima!!

Ola outra vez!!


A viaxe chega a súa fin e xa non nos queda tempo. Aquí pasamos cinco días xeniais con actividades normais e outras non tanto…falar coas gaivotas ou buscar árbores para que nos transmitan a súa enerxía… vaia, cousas que se fan tódolos días…

Agora que xa marchamos, pensamos que o tempo pasou rapidísimo (que é certo) e que nas tendas ó final acabas escurrido queras ou non!!

Despois dunha choiva que arrasou con todo, tivemos un día de sol e praia (onde nos perseguiron os peixes) e tras outra preciosa posta de sol, as últimas decisións e o plan para a volta a casa.

Aquí, entre as discusión dos expertos fotógrafos e despois de subir a varios penedos, dicimos adeus a esta fantástica illa, asique con isto e un biscoito… ata a próxima vez que volvamos a Cíes!!