Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

19/7/12

Voluntariado de Camiño a Camiño prepara a repoboación de Lagares


Este sábado compartimos un  obradoiro de cómo operar á hora de reproducir, vexetativamente, árbores e arbustos sen agardar a recoller as sementes. O obxectivo era aprender a reproducir con esta técnica, e explicado dunha maneira sinxela e achegada a todos e todas, o xeito de reproducir algunhas prantas, árbores e arbustos, vexetativamente a través de esquexos ou polas sacadas de patróns de especies autóctonas e orixinais da ribeira do río Lagares. 



Se temos o éxito que agardamos, repoboaremos con estes esquexes enraizados as zonas que os voluntarios e voluntarias do Camiño a Camiño de Vigo limparon concienzudamente de plantas exóticas e invasoras.
Fixemos primeiramente labor de reciclaxe de terra de contenedores ou maceteiros onde as plantas que alí había, secaran ou morreran. Aproveitamos así a terra vexetal, liberándoa de raiceiras, musgos, herbas e outros elementos indesexables para a nosa tarefa.
 Xuntamos a terra e alí dímoslle unha segunda limpeza entre todos e moito máis meticulosa.
De aí xa misturamos terra con area para darlle unha millor porosidade ao sustrato para que se desenrolen ben as raíces que saían con éxito. Unha vez rematado isto fomos enchendo as macetas onde meter os esquexes de taio verde e outras plántulas de árbores autóctonas, coma loureiros, que algúns voluntarios traían para axudar a medrar en contenedores e contribuir á súa propagación.

 
Os esquexes preparáronse aproveitando varias polas, podándoas coma conviña e impregnándoas de hormona de enraizamento para favorecer a saída das raiceiras.
Unha vez feito isto, dímoslle un repaso final, podando as follas que tiveran as estacas en exceso e que poderían favorecer a súa deshidratación por traspiración e enchemos as macetas de auga e deixando o lugar con suficiente auga nas mantas sobre as que apoiamos as macetas.

Pódese ver a reportaxe fotográfica na sección de Voluntariado ou pinchando aqui