Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

4/6/12

Celebración do Día Mundial do Medio Ambiente no Lagares


Este martes 5 de xuño, a Concellaría de Medio Ambiente celebrará no paseo do río Lagares, o Día Mundial do Medio Ambiente. Unha data sinalada por Nacións Unidas e cuxo obxectivo é motivar que as persoas se convirtan en axentes activos para o desenvolvemento sostible e equitativo do planeta.
Dende a Concellaría de Medioambiente de Vigo considerase que o día do medioambiente é "unha acción cotiá", celebrase todos os días do ano, e por tal motivo querese dar a coñecer aos cidadáns e cidadás de Vigo o traballo dos distintos programas de educación e voluntariado medioambiental durante este último ano. En todos eles abordase a fraxilidade do noso entorno e as accións que debemos levar a cabo para preservarlo do seu deterioro, que tamén é o noso.


A actividade prevista terá lugar no río Lagares, emblema de recuperación medioambiental e lugar de referencia para todos os vigueses e viguesas. O punto concreto da actividade terá lugar no parque localizado no paseo do Lagares, próximo ao cruce da Avda da Florida coa Estrada de Camposancos, en dirección á desembocadura.


Programa de actividades:

9:30 Inicio das actividades do voluntariado de Camiño a Camiño

10:00 Exposición das actividades do Camiño a Camiño

10:00 a 13:00: Visita de Centros escolares
·     Participación no voluntariado de Camiño a Camiño: eliminación de prantas invasoras
·     Miniruta Camiño a Camiño aos humedais de Goberna, con mención especial aos morcegos (2012 é o ano internacional dos morcegos)
·     Obradoiros e xogos Vigozoo: especies invasoras, reciclaxe, cociña solar, caixas-niño


17:00 a 20:00: Actividades abertas á cidadanía
·     Stand da Concellería de Medio ambiente.
·     Participación no voluntariado de Camiño a Camiño: eliminación de prantas invasoras
·     Miniruta Camiño a Camiño polo paseo do río Lagares
·     Obradoiros e xogos Vigozoo: especies invasoras, reciclaxe, cociña solar, caixas-niño