Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

21/5/12

Semana intensa de voluntariado

A semana presentase cunha intensa actividade de voluntariado medioambiental: Cies e Lagares son as actividades previstas.


ILLAS CÍES
Un grupo de mais de 40 voluntarios e voluntarias participaron esta fin de semana nas Illas Cíes. Loitando contra vento e marea (realmente ao saír do peirao de Vigo o sábado chovía a mares e esa noite tamén choveu intensamente), finalmente a meirande parte do tempo de actividade estivo presente o sol e poidose realizar unha laboura moi interesante tal e como se pode comprobar nas fotos depositadas no apartado de Voluntariado. Tamén houbo tempo para coñecer a fondo a Illa e a facer snorkel.




Na acción da fin de semana estivo presente Chus Lago, concelleira de Medio Ambiente, que coñeceu de preto o traballo que  se está a desenvolver e supervisou directament accións a realizar na vindeira semana. 





Nesta semana que entra irá o segundo grupo previsto para o mes de maio, con 100 prazas dispoñibles (incluído menores que van como acompañantes). Lembramos que para poder realizar estas labouras cómpre realizar os cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental (están previstos cursos para o 16 e 23 de xuño, pola mañá en Vigozoo)




LAGARES
Tamén no río Lagares prosigue a actividade dos mércores e dos sábados, en horario de 9 a 12 horas. Sigue avanzándose por sectores, tentando na medida do posible pechar o traballo en cada un deles.
Neste último sábado 24 voluntarios e voluntarias desenvolveron a súa laboura .