Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

13/4/12

Nesta 4ª etapa das Greas poderemos contemplar potros recén nados

Como se recolle no documento "GREAS 4", a entrada da primavera fai que a natureza explote e que que se poidan contemplar entre outras maravillas os potros recén nados e os seus proxenitores. Ao fin e ao cabo, son as súas greas as que lle dan nome a este sendeiro que percorre a área intermunicipal de Vigo.



Ruta: Chan da Lagoa – San Cibrán.
Recorrido completo: 13,5 km.                           Duración: 4:00 h
Recorrido corto con APEADEIRO: 7.89 km.       Duración: 3:00h
Altura máxima: Alto do Cortelliño (584 m.)          Altura mínima: Río Groba (127 m.)
Dificultade: Moderada tirando a Alta (Forte baixada no tramo final)
Pendente máxima: 21,9 % - 41,7 %