Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

15/4/12

Camiño a Camiño inicia a tempada do 2º trimestre nas Greas

Cun día soleado, con ambiente futboleiro e con ganas de retomar o sendeiro das Greas, arranca unha xornada que prometía intensa e tamén con certa dureza.
A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, quixo aproveitar a ocasión para estar no arranque -en breve agarda estar recuperada para tamén acompañar- e para comentar que debido á boa acollida das actividades de voluntariado medioambiental de Semana Santa e ás propostas realizadas polos participantes, está programando novas accións que en breve serán dadas a coñecer relacionadas co río Lagares, cos humedais, etc.