Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

29/3/12

Todo preparado para ir de aventura a Zamáns e a Vigozoo

Multiaventura en Zamáns (31 de marzo)
Prácticamente está cuberta a totalidade das 120 prazas para que os rapaces de 8 a 14 anos fagan unha incursión a fondo no entorno do encoro de Zamáns o vindeiro sábado. A cita na Praza do Rei as 16:00, para voltar aproximadamente as 20:00
As probas que se van ter que realizar por equipos xa están preparadas. Como adianto dicir que simuladamente haberá que escalar horizontalmente a ladeira dunha montaña, cruzar o paso do oso de verdade ou deixarse cair por unha tirolina que une dúas zonas con desnivel. Tamén haberá que identificar en microscopio mostras que previamente hai que localizar e outras probas sorpresa. E varias probas adicionais.
Hai que ir preparados pois con roupa cómoda, con calzado de andar polo monte, con auga e bocata, e, por se fai moito sol, gorra.



Un día de aventura en Vigozoo (2, 3 ou 4 de abril)
A aventura para os rapaces de 8 a 14 anos continúa en Vigozoo o luns, martes ou mércores de semana santa. O horario previsto é de 11 a 18h (pódese levar a comida ou comer na cafetería).
O custe é o dunha entrada dun rapaz ao parque (2,55 euros) e faise a preinscrición no 010 ata o día anterior á actividade, e a inscrición definitiva ao acceder ao parque.
Nesta ocasión, aparte de actividades de aventura semellantes ás de Zamáns, vaise poder descubrir o hábitat do parque zoolóxico, de xeito que se vai poder observar fauna moi particular (mamíferos, reptíles, aves, insectos) e realizar actividades exclusivas de Vigozoo: visita ao planetario, etc.