24/7/17

Intensa actividade do voluntariado de Camiño a Camiño en Cíes


Chegou a cuarta quenda de voluntariado en Cíes coa satisfación do traballo feito e con moi boas sensacións. Non hai máis que ver algunhas das instantáneas.

A climatoloxía, a pesar de ser un pouco complicada, axudou a realizar as tarefas de erradicación de exóticas, así como as diversas accións de limpeza en areais e camiños.