Avisos

2 OUTUBRO: TRAVESÍA ALOIA-GALIÑEIRO (300 prazas) E ESCALADA NO GALIÑEIRO (50 prazas). Inscrición a partir 26 setembro no 010 (986810260).
8-9 OUTUBRO: FARO AVIÓN-SERRA DO SUÍDO (50 prazas). Inscrición a partir 26 setembro no 010 (986810260).
VOLUNTARIADO SENDEIROS. Remarcaxe GR-53. Martes 27 (en Hospital Rebullón) e Xoves 22. (en Viveiros A Doa). Hora: , 16:30
VOLUNTARIADO LAGARES. Mércores 28 setembro, 10h. Lugar convocatoria: aparcadoiro CEIP Balaídos.
VOLUNTARIADO A GUÍA. Sábado 1 outubro, 9:30. Lugar convocatoria: aparcadoiro monte A Guía.
8 OUTUBRO. CURSO DE INICIACIÓN AO VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Inscrición a partir 3 outubro no 010 (986810260)
8 OUTUBRO. CURSO BÁSICO DE HORTAS URBANAS. Inscrición a partir 3 outubro no 010 (986810260)
MÁIS INFO: info@caminoacaminovigo.org ou 608 046 047

25 sept. 2016

Percorridos con inscrición a partir do 26 de setembro

Arranca a tempada de outono de Camiño a Camiño e semella que o tempo vainos a acompañar a coñecer as Serras próximas a Vigo. Nesta edición a Concellería de Medio Ambiente de Vigo proponnos para escomezar a clásica travesía Aloia-Galiñeiro (300 prazas, 7 €) e, nos percorridos por Galicia, unhas serras relativamente próximas pero non moi coñecidas: Faro de Avión-Serra do Suído (50 prazas, 50€).
A inscrición para todas elas, e tamén para a actividade de Iniciación á escalada no Galiñeiro (50 prazas, 7€) escomeza o luns 26 de setembro e faise no 010 (986810260 se se chama dende móbil) segundo os detalles recollidos na solapa "Programa" (a inscrición definitiva e a achega realizase na Casa da Xuventude ata o mércores, quedando o xoves para non empadroados).

Travesía Monte Aloia - Monte Galiñeiro (2 outubro, todo o día)
Unha das andainas clásicas en Camiño a Camiño é a travesía pola serra do Galiñeiro, entre o monte Galiñeiro e o monte Aloia, nesta ocasión en senso inverso seguindo o trazado do PR-G2 que vai dende o alto de San Xiao á ladeira norte do Galiñeiro. Neste traxecto de algo máis de 8 quilómetros, pasaremos pola Lomba da Zorra, San Antoniño, etc. 
Poderemos tamén contemplar o val do Louro e do Miño e lugares dun gran valor paisaxístico e natural no Parque Natural do Monte Aloia, o primeiro catalogado como tal en Galicia. A comida está prevista na área recreativa da Comunidade de montes de Zamáns, en Chan Doural.
Pola tarde, a quen lle apeteza, faremos un percorrido polos cumios do Galiñeiro dunha lonxitude de 5,5 km.




Iniciación á escalada no Monte Galiñeiro (2 outubro, todo o día)
Retómase a actividade que na primavera se quixera facer e houbera que suspender por climatoloxía adversa. Trátase dunha sesión de iniciación á escalada nas instalacións que os Montañeiros Celtas teñen habilitadas na falda do Galiñeiro, concretamente a primeira parte da vía "Cornos do Demo". 
Evidentemente cómpre dispor de certa preparación física tanto par acceder ao lugar como para facer a escalada, así como levar zapatillas con bó debuxo e roupa cómoda (non levar vaqueiros). Tamén hai que levar roupa de abrigo para o vento e unha gorra, ademáis do preciso para xantar xunto co grupo da travesía.
A actividade realizarase sobre un granito Gneis de excelente adherencia e calidade, polos seus múltiples agarres. Ademáis poderanse disfroitar dunhas vistas impresionantes que van dende Baiona a Rande, pasando por Cíes e os montes do Maúxo.
Faranse dous grupos de escalada, de xeito que mentres uns se inician na técnica de escalada de experimentados escaladores de Montañeiros Celtas, outros realizarán o percorrido que se amosa de seguido.



Rutas por Galicia: Faro de Avión - Serra do Suído (8-9 outubro) 

Nesta edición das rutas por Galicia imos percorrer media montaña entre as provincias de Pontevedra e Ourense. O sábado farase un percorrido esixente entre A Cañiza e Camposancos, pasando polo Monte Pedroso, Faro de Avión (1.148m) e a Ermida da Xestosa.
Lembrar que nesta ruta é imprescindible levar botas de montaña que suxeiten ben o nocello, así como bastóns para apoiar as subidas e baixadas. Tamén é preciso levar roupa de abrigo dada a altitude que se acada, e se fai sol crema sola e gorra. No percorrido non hai onde coller auga.
Ao finalizar este percorrido, o autobús achegaranos a hotel ata Carballiño para retomar forzas e, mesmo, se o tempo acompaña disfroitar dun paseo fermoso pola beira do río ata o centro de Carballiño.


O domingo desprazarémonos ata a Serra do Suído, onde coincidiremos cos participantes no percorrido de Serra do Suído que veñen de Vigo. Ao tratarse dun traxecto de día completo faranse 18 quilómetros en total, pasando por lugares interesantes como a aldea de Fofe, o foxo do lobo e un conxunto de chouzos (antigamente pasábase o verán nestas construcións para coidar o gando). Na parte alta do percorrido ascendermos ata 916m e na parte baixa chegaremos a estar a 342m. Na área recreativa de Pozo do Piñeiro farase a parada para a comida, para pola tarde facer 4 quilómetros ata chegar ao lugar de recollida do autobús.

23 sept. 2016

Programación de outono da Concellería de Medio Ambiente



A Concellería de Medio Ambiente de Vigo da a coñecer a programación de Camiño a Camiño para setembro-decembro 2016, na que se ofertan percorridos medioambientais, cursos, voluntariado e hortas urbanas

Pódese acceder a toda a programación no apartado "Programa" deste blog (premer aqui) e a o proceso para participar no apartado "Inscrición"  (premer aqui).



Percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra: a inscrición escomeza o luns 26 de setembro

Nesta edición, o domingo 2 de outubro, principiarase coa clásica Travesía Aloia-Galiñeiro (nesta ocasión arrancamos en Aloia) de día completo. O trazado da mañá é de algo máis de 12 km e, pola tarde, opcionalmente, farase un percorrido no entorno do Galiñeiro. Están contempladas ata 300 prazas. Este luns 26 colgarase máis información do percorrido.

Simultáneamente, ese mesmo domingo 2 de outubro, realizarase a actividade de escalada no Galiñeiro para un grupo de 50 persoas (dividiranse en dous subgrupos, que combinaran iniciación á escalada e un percorrido polas crestas do Galiñeiro). Poden inscribirse a partir dos 12 anos. Máis información dende o luns.


Lembrar que a preinscrición realizase entre luns e mércores no 010 (986810260 se chamades dende móbil) e posteriormente hai que rematar de facer a inscrición na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 10 a 14h e de 17 a 20h) e aportar a achega de 7 euros. Non empadroados inscríbense os xoves, de haber prazas.


Percorridos medioambientais por Galicia: a inscrición escomeza o luns 26 de setembro

Para este outono a saída prevista é a Faro de Avión - Serra do Suído, os días 8 e 9 de outubro. Farase pernocta en O Carballiño e tentarase coincidir o domingo cos que participen na ruta prevista na Serra do Suído. Máis información dende o luns.

Como en todas as saídas por Galicia, a preinscrición realízase con quince días de antelación e por tanto tamén este luns 26 de setembro ábrese o prazo no 010 (986810260 se chamades dende móbil) ata o venres 30, tendo que pasar neste período por Casa da Xuventude a cubrir a inscrición definitiva e facer a achega de 50 euros prevista. 


Cursos de formación: a inscrición escomenza o luns 3 de outubro
A oferta de cursos para este outono consisten en "Iniciación ao voluntariado medioambiental", que habilita para participar no voluntariado de Camiño a Camiño, e "Curso básico de hortas urbanas", que habilita para participar no nivel I das hortas urbanas do Concello de Vigo. 

A primeira quenda para ambos está prevista para o sábado 8 de outubro, pola mañá, habendo unha quenda adicional para o curso de hortas urbanas o xoves 13 de outubro, pola tarde. Máis información na solapa "Cursos" (premer aqui)


Voluntariado medioambiental e hortas urbanas
Par participar en calquera dos dous programas da Concellería de Medio Ambiente é preciso ter realizado os cursos citados. Neles informase con detalle da dinámica a seguir e as alternativas tanto de labores de voluntariado como de hortas onde poder iniciarse. 

Para aquelas persoas que xa están participando no voluntariado de Camiño a Camiño (premer aqui) e que despois do verán se queiran incorporar de novo, lembrar que no blog se avisa todos os luns a actividade prevista para a semana. Se precisan información adicional poden dirixirse ao correo info@caminoacaminovigo.org ou o teléfono 608 046 047 en horario de oficina.



Os/as participantes en hortas urbanas xa coñecen que dende esta semana principiou o horario de inverno. 

Tamén comentar que en breve realizarase un "Curso de hortas urbanas nivel II" para aqueles/as que estean interesados/as en participar na experiencia de xestionar unha parcela nas hortas de Ramón Nieto e de Sardomela. Cando estea pechada a data avisarase neste blog.

22 sept. 2016

O voluntariado de sendeiros tamén se activa

O voluntariado de sendeiros está repasando a sinalización do GR-53 pola parroquia de Cabral nunha tarde fermosa. Envíannos algunhas instantáneas da actividade na que participaron 9 voluntarios/as. 





O voluntariado urbano e de sendeiros arranca na tempada de outono

Xa estamos no outono e a tempada de voluntariado de Camiño a Camiño bota a andar coas labouras no tramo do río Lagares habitual, na charca con vida na horta de Navia, no acondicionamento do sendeiro GR-53 e no monte da Guía. 
Despois da intensa actividade en Cíes durante o verán, agora renovadas enerxías concéntranse nos traballos de conservación na parte peninsular do concello.
Aqueles/as que se queiran incorporar nesta tempada podedes seguir o apartado de avisos do blog no que se indican as accións semanais. Tamén podedes escribir a info@caminoacaminovigo.org e xa nos pomos en contacto convosco.
Unha mostra do feito esta mañá a envía Roberto ao correo de Camiño a Camiño. Agardamos máis fotos doutras accións e benvidos/as de novo ao voluntariado. 



15 sept. 2016

Escomeza a tempada Setembro-Decembro 2016

A Concellería de Medio Ambiente informa que está en pleno proceso de programación e difusión da campaña de actividades para setembro-decembro 2016

Dado o período electoral farase pública a partir do 26 de setembro, sendo a primeira ruta prevista o domingo 2 de outubro. Antes do 26 previsiblemente terá lugar un adianto a través deste blog para que se poida realizar ordenadamente a inscrición no 010.

En todo caso as actividades de hortas urbanas prosiguen con normalidade, producíndose a partir do martes 20 de setembro o cambio ao horario de inverno: polas mañás de 10 a 13h e polas tardes de 16 a 19h.

Tamén advertir ao voluntariado de Camiño a Camiño que retomamos actividade a partir do martes 20 de setembro no caso de voluntariado de Sendeiros (ver en avisos a convocatoria), do mércores 21 de setembro o voluntariado urbano no río Lagares e do sábado 24 de setembro o voluntariado urbano no monte da Guía.