Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

26/3/17

Experiencia intensa no percorrido polo Oitavén-Verdugo


Non estaba nada claro o que nos íamos atopar e resulta que resultou en xeral moi boa a mañá e permitiu apreciar a fermosa traxectoria do Oitavén dende o encoro de Eiras ata a praia fluvial na Ponte da Camboa, xa no río Verdugo.

Tanto nos momentos de choiva como nos de sol poidose experimentar intensamente un entorno moi ben conservado, con panorámicas expléndidas e cunha biodiversidade en termos de flora formidable. As corredoiras polo bosque e nos pobos tamén permitiron retrotraerse no tempo. Vamos unha gozada.

Como sempre a reportaxe fotográfica no apartado Fotos ou premendo aquí, así como no facebook @vigocaminoacamino. Algunhas mostras de seguido.