13/3/17

A terceira ruta pola ribeira do río Eifonso o domingo 19 de marzo



O percorrido que organiza esta semana a Concellería de Medio Ambiente de Vigo aborda un clásico de Camiño a Camiño: a ribeira do río Eifonso

No seu tramo alto trátase dun claro exemplo de bosque de ribeira, podendo contemplar durante o percorrido unha parte da senda do Arco da Vella promovida pola Entidade Local Menor de Bembrive -ELMB (premer aqui), na que se recollen unha variedade destacada de contidos de flora, fauna, paisaxísticos e patrimoniais.

A novidade deste ano é que a ELMB abriu camiño pola ribeira do río no seu tramo baixo, dende o final do PR-G5 Senda do Eifonso ata a desembocadura no río Lagares.

O trazado desta edición vai ser en baixada, seguindo o curso do río dende Beade ata a Avenida de Madrid, sendo preciso levar botas e bastóns dado o elevado desnivel que nalgúns momentos presenta o río. A lonxitude é de 8,5 quilómetros, con dificultade media dadas as pendentes comentadas.

Trazado pola ribeira do río Eifonso (Beade-Avda Madrid), con 8,5 km e dificultade media