17/3/17

A baixada pola ribeira do río Eifonso estará acompañada cun bo día



Semella que o tempo vai acompañar para facer o descenso pola ribeira do río Eifonso. 
No tramo da Senda do Eifonso, seguro que vai ser unha delicia comprobar como o bosque de ribeira se comporta co inicio da primavera. 
No segundo tramo veremos o novo trazado preparado pola Entidade Local Menor de Bembrive ata chegar a desembocar ao río Lagares.
Como o percorrido é curto (8,5km) e en baixada, agardamos realizalo relativamente rápido para poder celebrar o día do pai.