14/11/16

Peche de tempada polo Sendeiro Local de Valladares

Para este último percorrido de Camiño a Camiño na tempada de outono, está previsto circular polo sendeiro local de Valladares que se está trazando nestes momentos. Circularase polos tres montes que pertencen a Valladares e que son de referencia en Vigo: Monte Alba, Monte Cepudo e Monte dos Pozos. 
Na ruta longa, para extender máis o percorrido, aproximarémonos ata Chandebrito, seguindo o trazado do GR53 na variante 1. Na ruta curta, realizarase únicamente o sendeiro, que de por sí xa é suficiente dado os desniveis que hai que subir e baixar.
En calquera dos casos, poderemos comprobar as fermosas panorámicas que presentan os montes de Valladares e diversas curiosidades que aparecerán no percorrido.
Ao igual que na pasada semana, a inscrición faise directamente no 010 (986810260 para móbiles) e o billete recóllese na Praza do Rei o domingo 20, a partir das 9:00 horas.