7/10/16

Aviso importante para a Ruta pola Serra do Suído

A Concellería de Medio Ambiente quere lembrarlle aquelas persoas participantes no percorrido pola Serra do Suído do vindeiro domingo 9 de outubro que é previsible un día de calor e sol e imos percorrer as zonas altas da serra.
Na medida en que no trazado hai poucos lugares de sombra e non se pode repostar auga, é preciso levar un REFORZO EXTRA DE LÍQUIDO así como protección solar e gorras para cubrirse. 
Aproveitando a ocasión pódense incorporar algunhas instantáneas da preparación: