17/4/16

Despois de lograr Faro Budiño, abordamos o Sendeiro Local de Cabral.

Costou, pero finalmente logrouse facer Faro Budiño, e mesmo con bo tempo unha boa parte do percorrido. 
Sempre agrada achegarse a un espazo conservado como o dos Muíños de Couso e, como non, a unha autentica obra da natureza como é o Castelo de Cans e o impresionante Faro Budiño. Algunhas instantáneas aportadas por Nacho e por Edu recóllense na reportaxe que se atopa no apartado Fotos 2016:


 

Para o vindeiro domingo toca realizar o que será o próximo sendeiro local de Cabral, escomezando no Gorxal. Trátase dun trazado circular polo monte de Cabral que atravesa o Parque Forestal de Cotogrande, achégase ao Ifevi e volve ao orixe.