9/3/15

Segundo Sendeiro Local por Saiáns con tramos en Oia

O segundo percorrido polos sendeiros locais de Vigo terá lugar nos montes de Saiáns (ver plano adxunto e premer eiqui para acceder á información complementaria), incorporando tramos dos montes de Oia para completar a xornada (ver imaxe do tramo completo).
Trátase dun percorrido que combina dous parques forestais moi atractivos con diversos espazos de interese como a Fraga Cal de Outeiro, os Piñeiros do mundo ou diversas modalidades de muiños.