Semana cargada de actividades de Camiño a Camiño

Na semana que entramos intensifícanse as actividades programadas dentro do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente de Vigo. De seguido resumimos o previsto:

1. Percorrido pola Costa Atlántica, tramo portugués.
Dende hoxe luns ata o xoves 26, terá lugar a inscrición nas 3 etapas do tramo portugués do percorrido pola Costa Atlántica (premer eiqui para ver máis). Farase directamente na Casa da Xuventude (López Mora 31) de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
Como sabedes esta inscrición tan anticipada ten que ver con todas as reservas de aloxamentos que hai que facer con moita anticipación e que podedes consultar no enlace anterior. Lembrar que podedes descargar a ficha de inscrición e que hai que levar fotocopia do dni polas dúas caras, ademáis de como mínimo o 70% da achega correspondente.


2. Terceira etapa da Ruta da Auga (domingo, 1 de marzo)
Este domingo que vén realizaremos a terceira etapa da Ruta da Auga, entre Pazos de Borbén e o Encoro de Eiras. Trátase dun percorrido auténtico e dunha beleza natural moi destacada. En cor azul a ruta curta (segue o percorrido do canal da auga, chaira) e e cor vermello a ruta longa (sube as montañas e, por tanto, crestea máis)
Como sempre, a inscrición no 010 entre o luns e o mércores (non empadroados o xoves) e posteriormente a recollida do ticket do autobús por Casa da Xuventude ata o xoves.


3. Acción de voluntariado nos sendeiros locais de Vigo (sábado 28 de febreiro)
De cara á preparación dos percorridos polos sendeiros locais de Vigo que empezan o 8 de marzo, este sábado terá lugar unha acción conxunta de limpeza do sendeiro de Candeán entre o voluntariado de Camiño a Camiño e Montes de Vigo. 
Hora de convocatoria no Parque Forestal do Vixiador: 9:30. Hora de finalización aproximada: 13:30. Recomendable levar os chalecos de voluntariado e guantes.

4. Cursos de hortas urbanas e de voluntariado (sábado 28 de febreiro)
Este sábado escomezan os cursos de educación medioambiental, tanto o de hortas urbanas como o de iniciación ao voluntariado medioambiental. A hora de inicio é as 10:00.
Para inscribirse é preciso chamar ao 010 de luns a xoves.




Nombre

Avisos,3,Fotos,80,Novas,193,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Semana cargada de actividades de Camiño a Camiño
Semana cargada de actividades de Camiño a Camiño
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjjmGliwwAVLTA_Tqhiwj_JZBXrM1o1NGgecbYu5xc8e18ZYpd0YVZkBrMC2vCqd7moMYrGyGfdD0m1j3rerG4j78nV7Z-G9VMlNa2rEvMmFDmEYmsR4MF_ErUSOY_9Nwa8dDLdwOPRFFZU/s1600/Et21-8.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjjmGliwwAVLTA_Tqhiwj_JZBXrM1o1NGgecbYu5xc8e18ZYpd0YVZkBrMC2vCqd7moMYrGyGfdD0m1j3rerG4j78nV7Z-G9VMlNa2rEvMmFDmEYmsR4MF_ErUSOY_9Nwa8dDLdwOPRFFZU/s72-c/Et21-8.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2015/02/semana-cargada-de-actividades-de-camino.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2015/02/semana-cargada-de-actividades-de-camino.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar