9/2/15

Este domingo escomenzamos a Ruta da Auga

Nas seguintes tres etapas de Camiño a Camiño vaise realizar o percorrido por onde circula a traída de auga dende o Encoro de Eiras ata Vigo. No trazado curto é moi chairo posto que ten que seguir a traxectoria do conducto da auga. No trazado longo abordase un ascenso máis esixente.
Lembrade que a inscrición faise a través do 010 (986810260) de luns a mércores, tendo que recoller o tícket en Casa da Xuventude (López Mora 31) ata o xoves. Os/as non empadroados/as solicitarán praza o xoves e, de habela, farán o pago no mesmo día.