24/10/14

Visita do Alcalde ao Voluntariado de sendeiros

Este venres o voluntariado de sendeiros compartiu co Alcalde e coa Concelleira de Medio Ambiente a laboura de preparación dos sendeiros locais que se está facendo arredor do GR-53 (Sendeiro panorámico de Vigo) en colaboración con Montes de Vigo. A visita tivo lugar no sendeiro local de Candeán, onde está previsto realizar un sendeiro de aproximadamente 9 km e outro de algo máis de 3 km, concéntrico co anterior. Aparte tamén se está pechando o sendeiro local de Matama-Comesaña e de Saiáns.