8/9/14

Programación Camiño a Camiño de outono14

O Alcalde e a Concelleira de Medio Ambiente veñen de presentar a programación de Camiño a Camiño para o período setembro-decembro 2014. 


Como principais novidades dentro dos percorridos medioambientais están as accións polo río Miño, incluído descenso en embarcación neumática, así como a vista á Serra do Caurel. No tocante aos percorridos por Vigo abordarase a xeoloxía dos seus principais montes e, en novembro, daranse a coñecer os tres sendeiros locais promovidos durante este ano. Ver detalle de programación pinchando eiqui.

Programación setembro-decembrto 2014
Prosiguen as accións de voluntariado, as hortas-escola e as accións formativas, por certo con cambios de datas en relación ao folleto nas dúas primeiras conferencias, pasando a ser o 14 de outubro e o 4 de novembro, respectivamente.