19/5/14

Escomeza a inscrición para Ancares na primavera I

Esta semana ten lugar o proceso de preinscrición de Ancares na primavera I. Como sabedes en saídas como esta o proceso consiste en preinscribirse con 15 días de antelación no 010 para logo realizar a inscrición definitiva na Casa da Xuventude (López Mora 31) ata o xoves 22 pola mañá. Ese xoves pola tarde terá lugar unha breve charla en Vigozoo as 19:00  para presentar os detalles da actividade e as recomendacións máis importantes. 
Na vindeira semana terá lugar o mesmo proceso para Ancares na primavera II.


Como avance do que será este percorrido polos ecosistemas de montaña, dicir que o sábado farase un percorrido circular de 9 km Piornedo-Vilarello-Piornedo (onde se comerá o que cada un leve), con dificultade media-alta, e o domingo farase un percorrido de dificultade alta entre Porto de Ancares-Cuiña-Piornedo (neste caso a comida proporcionaa a organización). Os perfís e características dos percorridos son os seguintes: