28/4/14

O día da nai un percorrido sinxelo por Vigo

O vindeiro domingo, 4 de Maio, e con motivo da celebración do día da nai, faremos un único percorrido.  Será unha ruta sinxela (a intención é estar sobre as 13 horas de volta), na que poderemos disfrutar dalgunha das fervenzas do noso Concello. Teremos ocasión de ver unha das entradas das Covas do Folón, interesantísima formación xeolóxica considerada coma unha das maiores covas graníticas de Europa.