7/3/14

Programación Semana 10-16 marzo

Escomenza a programación de Camiño a Camiño e agardemos que se nos manteña este tempo primaveral para principiar con voas sensacións.

Como noutros anos, a partir do luns 10 fanse as inscricións para as actividades da fin de semana no 010:

- Sábado 15 (10-13:30, Vigozoo): Curso básico de hortas urbanas. Este curso habilita para solicitar espazo nas hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente.


- Domingo 16 (a partir das 9 na praza do Rei): Percorrido polos humedais de Vigo. Está previsto realizar unha ruta curta (aproximadamente 8 km) e unha longa (aproximadamente 16 km) segundo o percorrido que se achega de seguido.



Aparte, dende o martes escomezan os novos horarios de hortas para os e as participantes que xa teñen asignado espazo, e que se reproducen no seguinte programa:


O Voluntariado medioambiental principia a súa actividade para a seguinte semana, habendo un acto de benvida e presentación das actividades previstas o martes 18, as 19:00 en Vigozoo. A partir dese día, cada acción de voluntariado recobrará o horario que se estaba realizando e para as accións específicas indicarase como proceder.