2/10/13

Programa Camiño a Camiño Outono 2013

A Concellería de Medio Ambiente ven de presentar a programación de Camiño a Camiño para o outono, cunha ampla oferta de percorridos medioambientais, con novas actividades de voluntariado medioambiental e de hortas urbanas e coa habitual oferta formativa. Podédela descargar no link lateral ou pinchando sobre a imaxe.


Programación Outono 2013


Para esta semana ter presente que hai as seguintes actividades:

Venres 4 outubro, 17h: Convocatoria a voluntariado de hortas urbanas. Aberto a participantes en hortas urbanas.

Venres 4 outubro, 19h: Convocatoria de voluntariado de Vigozoo. Aberto a voluntarios/as co curso específico de voluntariado en Vigozoo.

Sábado 5 outubro, 9:30-13:30. Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental. Inscrición previa no 010.

Sábado 5 outubro, 16:30-19:30. Club de amigos e amigas de Vigozoo. Ver www.vigozoo.com.

Domingo 6 outubro, 9:30 (convocatoria a 9:00 na Praza do Rei): Percorrido Vigozoo - Lagoa de Mol (1º tramo GR-53). Habilitado percorrido longo e percorrido curto (para familias con rapaces ou personas con mobilidade limitada)

Hortas urbanas de Navia, Pedro Alvarado e Fontáns. Horario de outono: mañáns de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.