27/10/13

Novembro escomeza cargado de actividade

A programación de arranque de novembro ven cargada de variadas e novidosas propostas para os participantes no Camiño a Camiño, o programa medioambiental do Concello de Vigo. Cabe sinalar:

- Percorrido pola Ecopista do río Miño (3 novembro), con ruta curta e ruta longa de todo o día. Atención, o luns 28 de outubro é a preinscrición en 010 e a inscrición definitiva é ata o xoves pola mañán na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 10 a 14 e de 17 a 20h). Lembrar que como é preciso saber o número exacto de prazas de autobús é preciso aboar o billete por anticipado (7 euros adultos e 3,5 euros menores de 12 anos). 



- Inscrición do 1º grupo que visita o Bidueiral de Montederramo (9-10 novembro). Hai 40 prazas e igualmente a preincrición é no 010 e o a inscrición definitiva na Casa da Xuventude ata o mércores pola mañán (a partir dese momento actívase lista de agarda). O xoves pola tarde, as 18:00 en Vigozoo, charla aos participantes sobre o percorrido e peche de temas organizativos. Pinchar aqui para máis información.


- Cursos de Voluntariado e de Hortas (2 novembro, pola mañán en Vigozoo)

- Actividade de Voluntariado: Hortas, Sendeiros, Lagares e Vigozoo, cos horarios previstos e os grupos en función de convocatoria.

- Actividade de Hortas: Navia, Pedro Alvarado e Camelias, segundo a programación prevista. Xa se incorporan os participantes nos cursos de outubro.