10/6/13

Percorrido Aloia-Galiñeiro e Inscricións Voluntariado Cies

Percorrido Aloia-Galiñeiro
A clásica Galiñeiro-Aloia este ano farémola en senso inverso, ou sexa, Aloia-Galiñeiro. Dese xeito teremos como fronte de ruta o noso pico de referencia.
O percorrido é de día completo, tendo vagar para celebrar todos os participantes o fin de tempada dos percorridos medioambientais de Camiño a Camiño. Agardamos que todos e todas esteades presentes.




Voluntariado medioambiental en Cíes durante o verán

Datas
Do 1 de xullo ao 30 de agosto (agás do 15 ao 20 de agosto), grupos de 10 persoas en quendas de 5 días consecutivos (con durmida). 
Dende o 31 de agosto, as fins de semana son grupos de ata 50 persoas, e durante os 5 días da semana grupos de 10 persoas.
Idades: A partires de 18 anos (podendo levar fillos/as acompañantes e asumindo todos os gastos asociados dos mesmos/as).
Requirimentos: Estar empadroado/a en Vigo e ter feito o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.
Actividades: Retirada de plantas exóticas invasoras, limpeza de praias, actividades de educación ambiental, roteiros polas illas
Inclúe: Desprazamento en barco, aloxamento e monitores. Manutención por conta dos/as participantes.
Preinscrición: En info@caminoacaminovigo.org, enviando os datos que se solicitan na ficha de preinscrición (pinchar aqui). En cada solicitude pode haber ata 5 voluntarios/as, sendo un o responsable (os nenos/as acompañantes aparte). Para calquera dúbida podedes chamar ao 608046047 en horario de oficina.

Asignación de turnos: Realizarase tendo en conta que daráselle prioridade as solicitudes na que, en 2013, os voluntarios/as teñan realizado como mínimo 20 horas de voluntariado (para as quendas de 5 días) e 10 horas de voluntariado (para as quendas de fin de semana de setembro). No caso de que varios candidatos estean en igualdade de condicións, asignarase por sorteo.

Publicación de listas: a Concellería de Medio Ambiente publicará no seu taboleiro e neste blog as adxudicacións de prazas o día 20 de xuño, tendo que realizarse a partir dese momento a inscrición.

Inscricións: Na casa da Xuventude (López Mora 31) entre o 20 e o 27 de xuño, con fianza de 10 euros que se devolverá no momento de embarque para Cíes. 
No caso de que non se formalice a inscrición neste prazo, tirarase da lista de agarda ata completar prazas. 
No caso de que haxa vacantes para as prazas de setembro, farase nova convocatoria a finais de agosto.