Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

21/5/13

Novidades nas hortas urbanas

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, deu conta hoxe martes da instalación das primeiras mesas de traballo -na horta urbana de Pedro Alvarado- adaptadas á persoas con mobilidade reducida. Trátase dixo, dun novo impulso, nun proxecto no que xa participan preto de 400 vigueses. 

Rolda de Prensa da Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago.
Tamén avanzou a concelleira que esta mesma semana se vai chamar aos primeiros 40 inscritos -dun total de 177- para empezar a traballar na primeira fase da horta-escola de Navia. Correspóndense cos participantes nos tres primeiros cursos realizados en novembro de 2012. En todo caso as obras de Navia continúan para no menor prazo posible seguir chamando aos restantes.