Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

25/4/13

Novas do voluntariado de Camiño a Camiño

Adianto de horario no voluntariado de Lagares e Areais
Na xuntanza cun grupo de voluntariado onte en Vigozoo acordouse modificar o horario de actividade os mércores e sábados pola mañán, adiantándose das 10:00 actual ás 9:00, para así poder rematar as 12:00, antes de que pique moito o sol.

Programación de accións para maio:
- martes 30 de abril, 19:00, no salón de actos do Parque das Illas Atlánticas (rúa Oliva 3): Charla sobre o comportamento do coello e o lagarto arnal en Cíes. Dirixida a voluntariado que participe en accións de Cíes.
- sábados e domingos de maio: quendas de voluntariado en Cíes. Os/As interesados/as avisar en info@caminoacaminovigo.org. Vanse facendo grupos de 9 persoas co criterio de priorizar a que non ten ido este ano e teñan dispoñibilidade.
- sábado 11 de maio, 13:00 (se o tempo acompaña): Churrascada de confraternización de voluntariado no Parque do Vixiador. Os/As interesados/as avisar en info@caminoacaminovigo.org.
- Voluntariado en areais. Durante o mes de maio boa parte das accións terán lugar nos areais das praias, antes de que empeze a tempada alta de praia. Estar atentos/as aos avisos de cada sesión de actividade.

Primeiros Lirios no Lagares
Eduardo, que sempre está atento aos detalles, envía os primeiros resultados das plantacións en Lagares. Sen dúbida, dá animo.